Saídas Universidade

O primeiro contacto coa Universidade que tivo lugar foi a participación como relator nas "1ª Xornadas sobre modos de educación en diferentes ámbitos sociais" que tiveron lugar na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña no mes de abril de 2009.
Nelas participouse nunha ponencia xunto coa directora do Centro Penitenciario. Tratábase de dar unha idea do medio penitenciario aos estudantes da facultade. Comezou o relatorio coa ponencia da Directora do Centro Penitenciario que fixo unha análise da realidade penitenciaria. A súa ponencia foi completada ca visión desde o punto de vista educativo do medio penitenciario. Os puntos tratados pola nosa parte foron os que relacionamos:
  • Breve historia da educación no medio penitenciario
  • A labor cotiá no centro
  • Resolución de conflictos
  • Perspectivas de futuro da educación no noso centro: A expansión do Centro
 Tras esta exposición comezou un turno de preguntas que trataron de seres satisfactoriamente respondidas tanto pola dirección do centro penitenciario como por parte nosa.


Polo de agora fixemos dúas saídas a distintas Facultades:

    A idea do proxecto ANOCA xurdiu, en certo sentido, como unha forma de achegamento da nosa experiencia a futuros profesionais do ensino. No primeiro ano de existencia do Centro educativo poidemos ver como había moitos profesores que non vían con bos ollos a posibilidade de traballar nun centro penitenciario. Como anécdota podemos comentar que un mestre substituto que estivera con nós no curso 2007-2008 contou que fora a persoa número cincoenta á que se lle ofertara a praza. Os outros coarenta e nove rexeitaron vir.
    Todo esto dá idea de que non era un lugar apetecible para vir traballar. Desa situación xurde a idea de achegar a nosa vida ao futuro do ensino e que vexan os centros penitenciarios como unha oportunidade educativa diferente á estándar e, chegado o caso, poidan acollerse a ela sen medos e falsos tópicos