Mostrando entradas con la etiqueta Lois Peña Novo 14-15. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Lois Peña Novo 14-15. Mostrar todas las entradas

viernes, 8 de mayo de 2015

Máis preguntas da comunidade educativa do IES Lois Peña Novo

Se algo quedou no tinteiro, aquí podedes preguntalo.

Aquí engado as preguntas que chegaron ao correo do centro:

- ​ Cando alguén leva moitos anos reinserándose n​o​ cárcere, que mecanismos tedes para adquirir coñecementos máis relacionados c​oa vida cotiá? Por exemplo, ​para alguén que leve máis de 5 anos o manexo dun smartphone, whatsapp,etc ​...​ 
- Que necesidades cren as persoas internas ​que ​ terían que ter cubertas cando saen de novo?

- Cal sería o procedemento para dar a coñecer este proxecto noutros institutos e que se poidan impartir charlas neles?

Valoración IES Lois Peña Novo

Quizais esta fora unha das mellores e mais apaixonantes actividades que realizamos no IES Lois Peña Novo. A visita de Pablo e Pilar xerou unha expectativa no alumnado coa que contabamos pero non sabiamos moi ben como cuantificar. O certo é que superaron con creces todo o previsto, e o relato das súas vivencias resultou hipnotizador para o conxunto dos asistentes. Xa a introdución por parte de Antonio e Teresa (os seus profes) foi impactante, sobre todo, o vídeo que poñía en imaxes aquilo que máis tarde relatarían os internos, como o ruído das portas ao se cerraren, unha metáfora real da soidade e do abandono que se sinte dentro do cárcere.

Que as aprendizaxes sobre a drogadicción, o delito ou mesmo a posibilidade de ter escola dentro dunha prisión viñeran dadas por Pilar e Pablo foi un baño de realidade para todos nós, grandes e non tanto, pois puidemos comprobar que formamos parte dun sistema que nos pode engulir e arrastrar cara a situacións similares ás que nos contaron os nosos amigos.
Claro que hai un antes e un despois, e realmente cremos que este proxecto vai servir para que todos, especialmente os nosos alumnos, reflexionemos e nos decatemos de que ninguén está libre de caer no que tan ben nos contaron Pilar e Pablo.
Parabéns a todos vós. Aos profesores, pola vosa dedicación (seguramente calada e descoñecida) a un labor tan difícil; e a Pilar e Pablo, pola vosa valentía e dignidade coa que contades a vosa dura e triste historia.
Grazas pola visita!!

lunes, 30 de marzo de 2015

Valoración dos docentes do EPAPU da charla no IES Lois Peña Novo


O 26 de marzo acudimos ao IES Lois Peña Novo (Vilalba) xunto cos alumnos Pili e Pablo e dentro do marco do proxecto ANOCA. Comezamos a charla co visionado do audiovisual producido polo propio proxecto para a continuación expor os profesores unhas pequenas liñas mestras que servirán de composición de lugar: a prisión como realidade social invisibilizada, o delito e a reinserción, a realidade do traballo do profesorado da Consellería de Educación dentro dun espazo dirixido por Institucións penitenciarias…. A continuación os alumnos falaron da súa experiencia persoal e como a través do delito chegaron a prisión e como esta afectou as súas vidas.
Hai que dicir que o alumnado asistente eran fundamentalmente mozos e mozas (arredor dos 17 anos), estudantes de ciclos formativos ou PCPI. Nótase que houbo un traballo previo por parte do centro xa que a rolda de preguntas foi bastante construtiva, fuxindo do morbo e indo a aspectos relativos á vida penitenciaria, as consecuencias familiares da privación de liberdade e o significado da escola dentro da prisión. A participación do profesorado asistente (numeroso) tamén foi notable, e por momentos o acto tivo un carácter pedagóxico e metodolóxico importante, destacando as diferenzas entre o traballo con alumnado de alfabetización ou estranxeiro e os niveis superiores. O feito de que Teresa e Antonio sexan de diferentes niveis facilitou a riqueza expositiva.
Outro aspecto importante foron os argumentos derivados da problemática arredor do consumo e tráfico de estupefacientes, polo que consideramos que a actividade tivo un importante papel para a prevención da drogadición. Consideramos que o trato por parte do persoal do centro foi extraordinario, tanto na preparación da actividade, como na acollida a profesores e alumnos como nos comentarios posteriores. Queremos destacar a vicediretora (quen nos dedicou unhas verbas moi fermosas tras o acto, dicindo que habería “un antes e un despois” do mesmo) así como a responsable da biblioteca escolar, onde transcorreu o mesmo, sen desmerecer o resto de profesorado presente, algún dos cales destacou en comentarios persoais en especial a carga emotiva da actividade. Unha aperta moi grande para o Lois Peña Novo e a súa comunidade educativa á cal lle estamos certamente agradecidos.

Valoración internos saída IES Lois Peña Novo


Una salida más  nos hemos sentido muy bien en el Instituto. El trato ha sido muy acogedor y familiar. Pero sobre todo muy gratificante, tanto para mí como para Pilar. Esperamos que nuestras experiencias les hayan aclarado alguna duda que pudiesen tener.
Agradecemeos al profesorado del Instituto el trato amable que nos han dado y esperamos volver pronto. Muy atentos en toda la charla y bastante participativos. Creo que les ha podido ayudar el compartir nuestras experiencias con ellos.
Un saludo y dar las gracias por todo.

Pablo y Pilar.