Esta saída do proxecto ANOCA ao CPI "Virxe da Cela" de Monfero foi, en cada momento, unha nova (xa que para algún de nós era a primeira vez), intensa e moi positiva experiencia. Dende a saída do noso centro, pasando polas viaxes de ida e volta ata a visita en si no centro de Monfero, no que a acollida, interese, atención e participación na actividade tanto dos alumnos como dos profesores ía en aumento a medida que transcurría a exposición das vivencias dos nosos alumnos. Quedamos encantados e agradecidos a toda a comunidade educativa do centro de Monfero e tamén aos alumnos do noso centro que están neste proxecto.
Por todo iso, a nosa valoración é moi positiva en todos os aspectos e nos motiva a continuar co desenvolvemento do proxecto.