jueves, 18 de marzo de 2010

Reseñas

CENTRO: IES DE CURTIS
DATA: 30 de marzo
ALUMNOS PARTICIPANTES: Lorena e Luís Miguel.
PROFESORES: Emma e José Antonio.
VALORACIÓN:
Primeira charla do programa. Os alumnos estiveron pouco participativos, ainda que seguiron atentos a charla. A dinamización desta correspondeu aos profesores do IES que fixeron o papel de interlocutores das preguntas do alumnado. Porén, estes seguiron atentamente as respostas dos alumnos do EPAPU que foron quen levaron o peso da actividade. Logo, segundo nos comentaron os profesores, os alumnos estiveron encantados coa charla.

Algunhas imaxes da charla


CENTRO: IES FRANCISCO AGUIAR (Betanzos)
DATA: 31 de Marzo
ALUMNO PARTICIPANTE: José Ramón C.
PROFESORES: María Jesús e Benito.
VALORACIÓN:
O interno deu unha charla para alumnos e alumnas de 4º ESO e 2ºBach. Esta resultou moi positiva tanto para o alumnado do centro como para o seu profesorado.
Os alumnos fixeron distintas preguntas sobre a escola e a vida no cárcere.
Desta actividade saíron unha serie de relatos feitos polos alumnos dos dous grupos.

Noticia en prensa desta charla


CENTRO: IES DE MELIDE
DATA: 1 de Abril
ALUMNOS PARTICIPANTES: Lorena e José Ramón B.
PROFESORES: Benito e María José.
VALORACIÓN:
Os dous internos acompañados polos profesores do Centro deron tres charlas a alumnado de 3º e 4º de E.S.O. e 1º Bacharelato.
O interese foi tal que os alumnos asistentes nen sequera saíron ao recreo. A visita recolleuse no blog da biblioteca do I.E.S. de Melide, ademais dunha entrevista a un profesor do noso centro.


CENTRO: IES DE PASTORIZA (Arteixo)
DATA: 2 de Abril
ALUMNOS PARTICIPANTES: José Ramón B. e Lorena.
PROFESORES: Marián e José Antonio.
VALORACIÓN:
Houbo dúas charlas destinadas a grupos de 2ª da E.S.O. Había moito bulebule no centro, que organizara varias actividades nesas datas, porén os alumnos e alumnas estaban moi receptivos ao que lles contaban os internos e amosaron o seu interese con unha morea de preguntas. Os profesores asistentes manifestaron o seu convencemento da grande utilidade destas charlas para o alumnado adolescente.
Quizais sería bo contar con máis tempo en cada sesión para afondar nalgunhas cuestións que só puideron quedar esbozadas.

Noticia en prensa desta charla

CENTRO: IES CABO ORTEGAL (Cariño)
DATA: 3 de abril
ALUMNOS PARTICIPANTES: José Ramón C. e Luís Miguel.
PROFESORES: Marián e Juan Luís.
VALORACIÓN:
Na súa chegada ao centro, os internos atenderon aos alumnos e alumnas de 1º ESO que participan na elaboración da revista O Golfiño. Despois fomos os profesores os que respostamos ás preguntas.
Posteriormente, grupos de 4º ESO e 1º Bacharelato recibiron as charlas. O tempo resultou escaso. O interese que espertaron foi tal que moitos alumnos doutros cursos solicitaron entrar á charla. O comportamento do alumnado do instituto, aínda que as charlas foron nos dous últimos períodos lectivos antes das vacacións, foi excepcional, atenderon en todo momento e amosaron o seu interese por seguir participando no Proxecto.


CENTRO: IES AS MARIÑAS (Betanzos)
DATA: 28 de Abril
ALUMNOS PARTICIPANTES: José Ramón B. e José Ramón C.
PROFESORES: María Jesús e Carlos
VALORACIÓN:
Os internos asistiron con grupos de 1º de bacherelato e profesorado do centro a unha única sesión. Falaron da súa experiencia na escola e coas drogas. O interese foi moi bo, tanto por parte dos profesores como do alumnado. Tanto así que se recomendou a charla noutros centros para anos vindeiros.


CENTRO: CPI VIRXE DA CELA (Monfero)
DATA: 15 xuño
ALUMNOS PARTICIPANTES: José Ramón B. e José Ramón C.
PROFESORES: Antonio e Teresa.
VALORACIÓN:
Grupos asistentes: 1º \2º ESO e 3º\4º ESO.
A actividade dividiuse en dúas charlas, de 11:30 a 12:45 co segundo ciclo de ESO e de 13:00 a 14:30 co primeiro ciclo. A valoración por parte dos profesores asistentes é positiva, destacando os seguintes aspectos:

A empatía entre os alumnos participantes e os grupos asistentes, destacando na segunda charla a alta participación en forma de preguntas e comentarios.
O interese por parte do profesorado do centro visitado o que se traduciu tanto nunha asistencia elevada como na súa participación.
O traballo de aspectos relacionados coa prevención de toxicomanías.
A plasmación da realidade penitenciaria como unha realidade ás veces oculta ou sometida a tópicos.
A valoración do traballo da EPAPU de Teixeiro como un elemento chave para a reinserción dos internos.


Comentarios sobre a charla no blog solidario do centro


CENTRO: FACULTADE DE CIENCIAS DA EDUCACIÓN. CAMPUS UNIVERSITARIO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
DATA: 30 de abril 2009
PROFESORES:Teresa, José Antonio e Benito.
VALORACIÓN:
Dous profesores do noso Centro e o director achegamos a realidade do noso traballo a alumnas e alumnos de Educación social e psicopedagogía.
A charla durou aproximadamente unha hora e foi asistida por un “powerpoint” explicativo sobre as nosas instalacións e rutina diaria.
O alumnado felicitounos ao remate xa que non estaban afeitos a que se lles mostrase a realidade. Queixábanse do exceso de teoría que hai nas súas especialidades e manifestaron o seu interese por continuar colaborando connosco.
O profesorado da Universidade tamén expresou a súa satisfacción e o compromiso para seguirmos traballando xuntos durante o vindeiro curso cunha organización máis elaborada e específica.

No hay comentarios:

Publicar un comentario