Pódese elexir o destiño, eu fíxeno (non o fagades vós).
O pasado martes día 19/11/13 tiven a oportunidade de compartir os meus erros do pasado cun grupo de alumnos do Instituto Antonio Fraguas. Foi a primeira vez que ocupei o lugar do profesor... (sen estar castigado, jejeje). Quedei encantado coa atención que me prestaron. Foi moi enriquecedor para min poder compartir con todos os asistentes as vivencias erróneas do pasado para que cada un deles poida ver as consecuencias que eu estou a pagar por ter decidido vivir unha mala vida baixo os efectos dunha droga, en lugar dunha boa. Eu teño sorte de contalo, outros non...
Compartir un porro cun amigo é o principio dun camiño cun desenlace fatal.
Gracias pola acollida, o trato e a atención prestada e xa para despedirme decirvos que xunto con ANOCA estou á vosa disposición para unha próxima.
Un saúdo do voso amigo
José Manuel (interno de Teixeiro)
No hay comentarios:
Publicar un comentario