Ola a todos
Visita rápida ao IES de Muxía. en plena Costa da Morte. Fomos recibidos tanto Bisser e Calin así como Pilar e eu pola orientadora do Centro.
Comezamos a charla á hora e logo esta desenvolveuse con toda normalidade. Os alumnos do IES preguntaron moito e penso que foi unha charla moi distendida. Para Pilar era a súa primeira visita. Para min era outra visita máis. Tivemos que cambiar os plans cos alumnos debido a que o noso alumno Eloy foi "cundado" (trasladado) ao Centro Penitenciario da Lama e non poidemos contar con el.
Así e todo, Bisser e Calin fixeron todo o posible por transmitir correctamente a súa mensaxe aos alumnos.
Non me queda máis que reiterar as grazas e ata outra.
José Antonio
No hay comentarios:
Publicar un comentario