O martes 28 de febreiro, Paco e Joana acompañados por dous profes da escola, saímos de Teixeiro sobre as dez da mañá rumbo a Santiago. O grupo de alumnos e alumnas do CEE Manuel López Navalón esperaban para participar no noso proxecto ANOCA. Ía ser a primeira experiencia para eles a a nosa primeira incursión en Santiago. Como profesor do EPAPU de Teixeiro, gustaríame felicitar a Paco e a Joana polo traballo desenvolvido e tamén ao alumnado asistente á charla por o respecto e interese mostrado durante a sesión ininterrompida de 90 minutos. A todo o profesorado e equipo directivo do centro por acollernos de forma tan agarimosa e polo agasallo que gardaremos nun lugar privilexiado do noso centro. Gustaríanos ter charlado un pouco máis cun café tras a charla, e non foi pola insistencia do profesorado do López Navalón, mais ao ter outra charla pola tarde na Estrada, o noso alumnado precisaba descansar e comer algo; esperamos poder charlar sobre un café ou unha comida o vindeiro curso. Animámosvos a participar na segunda parte do proxecto!
O profesorado do E.P.A.P.U. de Teixeiro desenvolve o proxecto Aprender no Cárcere para crear unha vía de comunicación e colaboración entre os intern@s da nosa escola e os adolescentes dos centros de secundaria da nosa Comunidade.
jueves, 18 de marzo de 2010
Valoración profesorado EPAPU
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario