jueves, 18 de marzo de 2010

Valoración profesorado EPAPU

Primeira saída do presente curso, primeira saída para Joana, primeira saída para Miguel, primeira saída para a profe Begoña, primeira saída ao IES Terra de Trasancos, e todo fenomenal. Queremos agradecer á comunidade educativa do IES Terra de Trasancos o trato recibido e o interese amosado durante a charla. Gustounos moito a actitude participativa de todos os asistentes que fixo que os nosos alumnos máis nós estivéramos cómodos para levar a cabo a actividade.

Animámosvos a participar neste blog e que sigades a traballar sobre a charla.

Grazas

Begoña e Juan Luis

No hay comentarios:

Publicar un comentario