lunes, 10 de junio de 2013

Valoración de Ventura da saída ao IES Manuel García Barros

Cando un vai dar testemuña do que é a vida en prisión a un colexio, non sabe o que se vai atopar. Nada máis entrar na sala e vela ateigada de rapaces e algún que outro mestre, fíxoseme un nó na gorxa. Non obstante, e logo de ver o video e da axuda da presentación por parte da nosa mestra (Chus e do director Xosé Antonio) o camino parecíame máis despexado.
Comecei por darlles uns bons consellos e poñerlles claro que calquer erro, por insignificante que nos pareza, pódenos levar a acabar a acabar cos nosos ósos entre reixas. Dei aglún que outro exemplo que coñezo e vivín en carne propia. As experiencias vividas no cárcere, o sufrimento por parte da familia, a pérdida da autoestima, traballo e sobor todo a liberdade fan mella en cada un de nós que vivivmos nesta situación.
Nas miradas dos rapaces notábase que a mensaxe íalles chegando; ollos sorprendidos, caras de asombro e inquedanza latente. Foron o que me dou ás para seguir coa charla.
Logo foi o turno do meu compañeiro que co seu saber continuou polos mesmos derroteiros.
Chegada a hora das preguntas, sorprendeume ver que había que traía no seu caderno unha longa lista de preguntas que nos facer.
Pero, desde logo, a que máis me chegou a alma foi cando me preguntaron:
Vós tedes soños???
Por un intre quedei mudo. Que dicir e como o dicir??? A resposta parecería sinxela se non fose pola situación na que me toca vivir. Todos temos soños, metas, ilusións, plans de futuro. Pero ás veces iso parécenos unha utopía, algo casi inalcanzable, moi lonxano, e o que é dicir, eses soños vólvense pesadelos.
O temo é algo que aquí temos dabondo, e ás veces fáisenos eterno, infinito e non dá pasado. Se agora miro cara atrás pasoume voando, pero se miro para adiante, fáiseme moi longo e lonxano.
Todo depende de cómo un o mire e como o pensé. Foron tantas, de tal riqueza as preguntas que somos nós quen damos as grazas a eses rapaces polas súas preguntas xa que, con elas, podemos facer un examen de conciencia, e desa maneira aportar coa nosa experiencia cales son os camiños que un debe tomar para non caer na prisión, ou no noso caso, non volver a elas.


GRAZAS Á DIRECCIÓN DO IES MANUEL GARCÍA BARROS, e aos seus alumnos e a todos aqueles que fixeron posible tan fructífera e positiva saída.

No hay comentarios:

Publicar un comentario