Mostrando entradas con la etiqueta La Villa 11-12. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta La Villa 11-12. Mostrar todas las entradas

lunes, 28 de noviembre de 2011

A nosa viaxe a Alacant

III Premio Nacional de Educación para o Desenvolvemento Vicente Ferrer. Santa Cruz de la Sierra, Bolivia, agosto-setembro do 2011, Obrím e ANOCA, dous dos galardonados, comezan a crear unha rede. Idea: que ANOCA estea na trobada Obrím. Semella un soño imposible.
22 de novembro de 2011, vó RY8539, Juan, Miguel, Benito e máis Juan Luis dirixímonos cara a Alacant. Aeroporto de Alacant, José Ángel recóllenos. Comeza a trobada.
Foron catro días nos que resulta moi difícil expresar con palabras as sensacións que tivemos. A acollida en Altea, extraordinaria, José Ángel, Pepa, Pau e Marc fixeron que estiveramos coma na nosa casa.
Segundo día, 8 da mañá, almorzo e... ao IES Altaia. Dúas charlas e invitación por parte dos alumnos e a titora dun terceiro a compartir con eles a súa clase. Fantástico o interese e a atención amosada polo alumnado. Comida con Ana, José Ángel, Marta, Pepa e Vicky. Pola tarde, paseo, encontro con Mónica, e cea, á que veu Jose.
Terceiro día. Chega o momento da trobada, a actividade que motivou a nosa visita. Almorzo ás 7:30 e ás 8:00 saímos cara a Novelda co alumnado de Altea. Chegamos, charla breve e participación en todas as actividades programadas. Coñecemos aos que serán os nosos anfitrións á tarde e ao día seguinte. Os nosos alumnos integráronse moi ben en todas as cousas que lles propuxeron. Ao final da mañá, e a petición do profesorado do IES Altaia, tivemos que acompañalos ata o bus para que volveran a Altea.
Despois, comida con Carme, Jose e Majo. Esperábanos unha charla nova, no Centre de Reeducació La Villa. O noso alumnado deu a talla e foi unha satisfacción para nós ver que os rapaces do centro tiveron un comportamento exactamente igual que os dos centros de secundaria. Pola noite, ceaa con Carme e Jose.
Cuarto día. IES Azud de Alfeitamí de Almoradí. Chegamos ás 8:00, café e asamblea co alumnado participante na trobada do día anterior. Despois, charla ANOCA, na que Juan e Miguel volveron a atoparse moi cómodos co alumnado. Participación na clase de titoría de Jose e despois comida con Carme, Encarna e Jose. Pola tarde, traballo no instituto actualizando algúns apartados do blog. Pola noite, viñeron desde Altea a compartir a cea connosco. Tivemos a sorte de cear con Carlos, Carme, Irene, Jose, José Ángel, Majo, Mónica e Pepa. Era a noite da despedida, Jose sería a que nos levaría ao aeroporto ao día seguinte, e sentímonos moi arropados. Grazas a todos.
Pensamos que con esta actividade acadamos abrir moitas fiestras como non podía ser doutra forma se está polo medio o "Obrím una finestra al món".
Aproveitamos esta entrada para amosar o noso agradecemento.
  • Grazas ao Centro Penitenciario de Teixeiro pola colaboración e autorización para que a nosa participación na trobada fora posible.
  • Grazas ao IES Altaia por abrirmos as portas para levar a cabo a nosa actividade nese centro.
  • Grazas ao AMPA do IES Altaia de Altea pola financiación aportada.
  • Grazas ao concello de Novelda por facilitar o lugar da trobada.
  • Grazas ao Centre de Reeducació La Villa por permitirmos compartir a tarde con parte dos rapaces que viven alí.
  • Grazas ao IES Azud de Alfeitamí de Almoradí por confiar en ANOCA para unha charla.
  • Grazas ao AMPA do IES Azud de Alfeitamí de Almoradí pola financiación aportada.
  • Grazas a todos os integrantes do Obrím por facer que tanto nós coma Juan e Miguel viviramos esta experiencia que nunca esqueceremos.
  • Grazas ao noso alumnado, neste caso Juan e Miguel, pois sen eles ANOCA non existiría.
"Mi trabajo consiste en conseguir sueños imposibles." Vicente Ferrer.

lunes, 21 de noviembre de 2011

Próxima estación... ALACANTE

Hoxe é luns, aínda temos que confirmar algunhas cousiñas, pero...

O proxecto ANOCA sae de Galicia!!!

Esta semana estamos convidados á participación na trobada do proxecto OBRIM que este ano é en Novelda. Algúns dos traballos que os nosos alumnos prepararon para a súa exposición podedes velos premendo neste enlace.

Xa que estamos pola zona, aproveitaremos e visitaremos tres centros:

- IES Altaia de Altea

- Centre de Reeducació La Villa

- IES Azud de Alfeitamí de Almoradí


jueves, 18 de marzo de 2010

Valoración Centre Reeducació La Villa

Nesta entrada podedes poñer as vosas impresións da charla.

Máis preguntas

Se algo quedou no tinteiro, aquí podedes escribilo...

Valoración internos

Hola a todos. Somos Miguel y Juan. Esperamos que hayáis disfrutado, aunque fuese por un breve espacio de tiempo, de las experiencias vitales que hemos compartido con todos vosotros durante la pasada tarde. Queremos que sepáis que salimos muy satisfechos del Centro, ya que vuestra atención y respeto han sido impecables y nos hemos sentido muy a gusto en vuestra compañía, ya que nos sentimos muy identificados con vosotros, y no nos gustaría por nada del mundo que termináseis en un lugar como en el que nosotros estamos actualmente. Queremos pediros que, por favor, nuestras palabras no caigan en el olvido, ya que todo lo que hemos compartido con vosotros es la pura realidad y pretendemos utilizarla para tratar de apoyaros y motivaros para que podáis salir adelante y dejéis de sufrir, porque todos somos personas y merecemos una segunda oportunidad en la vida. Nada más, simplemente desearos suerte y mucha fuerza para seguir adelante y nunca perdáis la esperanza, y recordad, la vida, cuando se intenta seguir el camino correcto, tarde o temprano acaba por premiarnos. Un abrazo a todos. No os olvidaremos.

Valoración profesorado EPAPU

Primeira experiencia nun centro destas características. Antes da charla, nervios pola novidade e por querer facer as cousas ben. Certas cousas lembraban ao noso lugar de traballo, non poder entrar co móbil, chaves,... Fumos acompañados na charla por Juanlu, Jose, Carme e persoal do Centro. Parabéns a Miguel máis Juan que foron capaces de transmitir a mensaxe axeitada para ese alumnado. Tamén destacar o comportamento dos rapaces do centro pois o único que fixo diferente a charla foi o recinto, non a súa actitude, tiveron a mesma que os rapaces de Altea e Almoradí. Grazas por deixarnos compartir eses momentos convosco.