Mostrando entradas con la etiqueta Universidade. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Universidade. Mostrar todas las entradas

viernes, 19 de marzo de 2010

USC Facultad de Ciencias da Educación Santiago

A saída á Facultade de Ciencias da Educación de Santiago foi, ao noso entender, moi interesante. Foi a primeira na que participamos varios profesores e mestres do Centro. Como ponente temos que dicir que é unha forma máis doada de transmitir as nosas experiencias. Participamos Teresa, Benito e José Antonio e entre os tres tratamos de non deixar ningún punto sen tocar. Partimos da idea de sempre: dar aos futuros profesores unha idea de que hai algo máis que a educación dos nenos. Comentamos con eles como era o noso dia a dia, que problemas tiñamos, que actividades realizabamos, como era a nosa actitude cos alumnos, as nosas relacións cos funcionarios do centro penitenciario, etc.
Para nós foi unha actividade moi gratificante que esperamos despertara o interese dos alumnos na nosa función docente.
Logo, ao rematar a charla, tratamos de deixar a porta aberta na Facultade de cara a futuras colaboracións.

jueves, 18 de marzo de 2010

USC Campus Lugo

Foi a derradeira saída efectuada ata o momento a unha universidade. O día non era bo para elo: xoves, víspera de ponte, hora tardía. Participamos como profesores do Centro Teresa, Benito e José Antonio que nos estamos a converter nun Equipo A para a universidade. Entre o público atopamos a outros compañeiros do EPAPU que asistiron á charla como público.
Ao igual que noutras facultades tentamos de explicarlle aos alumnos como é o noso día a día. Os problemas que van xurdindo e que, de xeito cotiá, temos que afrontar. Ao igual que ocurrira na Facultade de Santiago, a presenza de máis dun membro do noso Claustro favoreceu que se trataran máis temas, que se viran distintos puntos de vista e de que non quedaran puntos por tratar. Ao noso entender os alumnos de Maxisterio pareceron interesados na nosa experiencia e logramos crear un ambente distendido e agradable. O problema foi, coma sempre, o tempo, cando estabamos nun ambiente dado á realización de preguntas houbo que rematar a actividade xa que era necesaria para outra actividade da Facultade.