O profesorado do E.P.A.P.U. de Teixeiro desenvolve o proxecto Aprender no Cárcere para crear unha vía de comunicación e colaboración entre os intern@s da nosa escola e os adolescentes dos centros de secundaria da nosa Comunidade.
lunes, 15 de marzo de 2010
Valoración Camariñas
Este enlace vos leva ao blog da biblioteca do IES Pedra da Aguia onde os asistentes á charla están a incluir os seus comentarios.
Valoración internos
Pero volvendo ao tema principal dígolles que tiven un pouco de incertidume ao chegares ao instituto onde, o grupo que contactou con meus profesoes e un compañeiro de curso (4º da ESA), por que non é tan sinxelo. Imaxínense vostedes!, chegar ao instituto con adolescentes de ambos sexos, onde se fala galego, dicindo que somos presos e explicando a vida no cárcere e contestando a todo tipo de preguntas, pero por sorte na miña vida sempre encontrei seres humanos excepcionais e esta vez non ía ser distinta a outras situacións vividas.
Os meus profesores prepararan unhas diapositivas e logo diron unha introducción ao tea, creáronnos un ambente propicio e logo todo foi moi sinxelo para Jorge que así chámase o meu compañeiro de curso e para min. A min, no persoal, encheume de satisfacción e orgullo que confiaran e pensaran en min para tan importante iniciativa xa que son varias as saídas desenvolvidas por este equipo de profesores que moita veces sacrifican as súas horas de descanso e ocio coas súas familias para adicarse a este proxecto no cal poñen moitas esperanzas e ilusións de axudar na inserción na sociedade. Por elo dicíalles ao inicio do texto que todo o que fixen sirva para ambas partes e sexa positivo.
Agradecerlle tamén ao director do Instituto de Camariñas e persoal docente, pero especialmente aos adolescentes por que en realidade son eles os verdadeiros protagonistas xa que nos trataron con moito cariño e respeto. O intercambio foi máis que positivo. Nós deixámoslles a mensaxe de que un erro pode levarnos á cadea e eles díronnos a súa esperanza e positividade aparte de escoitarnos cunha atención que, en realidade, enchéunos de asombro sobre todo cando explicamos a vida cotiá do cárcere, cando lles dicíamos que a educación danos a vida, e os cursos que alí se dictan cos seus monitores e educadores que poñen todo o seu esforzo en que salgan as cousas ben. Especialmente cando tratamos os temas de violencia de xénero, coa paciencia infinita con que nos explican unha e outra ve ata que ao remate enténdese.
Por todo iso e moito máis, mil grazas
Estela
Valoración profesorado
Considero que a charla, realizada nos dous últimos periodos lectivos da mañá do Martes 20 de Abril do 2010, foi moi ben acollida por parte dos profesores e alumnos de 4º da ESO do IES Pedra Da Aguia, o que se demostrou no número de preguntas que fixeron interesandose por temas moi diversos.
Os alumnos do EPAPU de Teixeiro Jorge e Estella desenvolveronse con soltura na charla a persar da escasa experiencia de Jorge e a nula experiencia de Estella.
Eu creo que se conseguiu o obxectivo pretendido polo espirito do proxecto.
Jesús
Ben, temos que dicir que foi unha das saídas máis longas que fixemos. A estrada ía cara adiante quilómetro tras quilómetro e non daba rematado. Pasamos a autovía e nos metemos na outra autovía en dirección Carballo. Logo outra estrada. Tivemos o erro de chegar a Camariñas cando o Centro atopábase en Ponte do Porto e houbo que dar marcha atrás.
No centro todo foron amabilidades por parte de Emilio, o profe do Centro que estivera en contacto con nós. Ás 12,30 comezou a charla co grupo de 4º de ESO. Intentei facer unha introducción comentándolle aos alumnos como é e que diferencias hai na educación de adultos en relación a ESO que fan eles. Logo comentouse un pouco como era un centro penitenciario e xa pasamos á charla directa cos alumnos. Jorge xa tiña algunha experiencia noutras saídas pero para Estela foi a primeira. Teño que dicir que nos quedamos gratamente sorprendidos pola boa compenetración de Jorge e Estela que se foron apoiando para dar resposta ás preguntas que plantexaban tanto os alumnos coma os profesores do IES que tamén se sumaron á charla.
Ao final, rematamos a charla ás 14,20, un pouco de charla amable cos profes que quedaron con nós e logo xantar nun restaurante da zona. Ás 15,45 emprendimos o longo camiño de volta para Teixeiro.
José Antonio