O profesorado do E.P.A.P.U. de Teixeiro desenvolve o proxecto Aprender no Cárcere para crear unha vía de comunicación e colaboración entre os intern@s da nosa escola e os adolescentes dos centros de secundaria da nosa Comunidade.
Mostrando entradas con la etiqueta Mariñas 09-10. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Mariñas 09-10. Mostrar todas las entradas
lunes, 15 de marzo de 2010
Valoración internos
O meu compañeiro Bienvenido e mais eu visitamos Betanzos, eu xa estivera aí o curso pasado. Todas as veces que me enfronto aos rapaces e rapazas dame por reflexionar no meu futuro, recordo os meus erros e tento transmitirlles os planes e medos que rondan a miña cabeciña.
Levo dous anos nunha UnidadeTerapéutica e vivira xa noutro módulo con Bienvenido, pero non nos coñecíamos de nada. É sorprendente como é o cárcere! O seu testemuño, cheo de sentimento, chegou moi ben aos presentes, emocionándonos a todos.
Penso que se este Proxecto conseguira chegar, ainda que só fora, a un rapaz ou rapaza de cada aula, sería todo un triunfo e unha grande satisfacción para os que tivemos a oportunidade e o privilexio de impartir estas charlas.
Xosé Ramón.
Valoración profesorado
Os alumnos aos que ía dirixida a charla eran de 2º Bacharelato que están a facer o proxecto e que xa recibiran a charla o ano anterior, foi unha sesión moi agradable e participativa.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)