Mostrando entradas con la etiqueta Urbano Lugrís 13-14. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Urbano Lugrís 13-14. Mostrar todas las entradas

jueves, 5 de diciembre de 2013

Valoración de José Manuel da charla no IES Urbano Lugrís


Quero, antes que nada, darvos as grazas pola acollida e o trato que tivéchedes conmigo e cos profesores responsables de ANOCA, e para eles tamén (Chus, José Antonio, Benito e Juan Luis). Grazas por contar conmigo para as charlas. A verdade é que o necesitaba, para min é unha inxección de forza, de humildade e, como non, de aproveitamento do tempo.
Aos alumnos, alumnas e mestres do IES Urbano Lugrís, decirvos que Moitas grazas de todo corazón polas mensaxes de ánimo. Síntome moi orgulloso.
Aproveito para recomendarvos dous libros:
El alquimista
El niño del pijama de rayas

Un saúdo e que saibades que sigo á vosa enteira disposición. Ata a próxima.

José Manuel. Interno de Teixeiro

ANOCA no blog do club de lectura do IES Urbano Lugrís

miércoles, 27 de noviembre de 2013

Valoración profesorado EPAPU charla IES Urbano Lugrís

O mércores 27 de novembro José Manuel, acompañado por dous profesores do EPAPU de Teixeiro, estivo dando unha charla en sesión de mañán no IES Urbano Lugrís de A Coruña.
Era a primeira vez que o proxecto ANOCA visitaba este centro e pensamos que foi de proveito para todas as persoas implicadas. O trato por parte dos docentes foi exquisito e o alumnado foi extremadamente respetuoso e participou activamente coas súas preguntas.
Agradecemos a acollida e o café ao que nos convidaron tras a actividade. Esperamos seguir a colaborar con este centro e recibir moitas preguntas máis para que poida contestar José Manuel.
Ata a próxima.

Hoxe estaremos no IES Urbano Lugrís da Coruña

O mércores 27 de novembro compartiremos unha charla co alumnado do IES Urbano Lugrís da Coruña.