O profesorado do E.P.A.P.U. de Teixeiro desenvolve o proxecto Aprender no Cárcere para crear unha vía de comunicación e colaboración entre os intern@s da nosa escola e os adolescentes dos centros de secundaria da nosa Comunidade.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
AMIN GUSTOUME MOITO ESTA INICIATIVA.
ResponderEliminarGUSTARIAMA IR A VISITAR O CARCERE DE TEIXEIRO.
UN SAUDO PARA TODOS OS INTERNOS!
PABLO
Despois da vosa visita ao noso instituto o alumnado participante fixo unha reflexión sobre a actividade e redactaron un texto coas súas impresións. Deixamos aquí algún fragmentos deses traballos:
ResponderEliminar"Impresións sobre o encontro co alumnado do Proxecto ANOCA (Aprender No Cárcere)"
Adriana
Antes de que chegasen os internos a maioría da xente tiña reparos... Foi case palpable o cambio que se ía producindo no ambiente a medida que fomos collendo confianza.
Alba
Foi unha actividade interesante porque non sabiamos nada sobre o cárcere e sobre como é a vida diaria nel.
Ángeles
A min pareceume que estivo moi ben, porque nos permitiu coñecer cousas que non sabiamos de como é a vida no cárcere. Puidemos saber as actividades que realizan alí, os horarios, como é todo... Tamén nos demos conta que porque unha persoa estea no cárcere non é diferente aos demais nin hai que tratalos de forma diferente, senón que son persoas coma todos nós.
Andrea
A min fixéronme reflexionar sobre moitas cousas da vida, e valorar os pequenos detalles da vida diaria na túa casa coa túa familia.
Esteban
Eu aprendín que porque alguén estea no cárcere non ten que ser unha mala persoa.
David Fdez.
Foi unha experiencia interesante porque nos ensinaron a pensar antes de facer algo que nos poida levar ao cárcere. (...) Contáronnos que tiñan moito tempo libre e que cando ían á escola se sentían ben porque era unha maneira de estar con outra xente e poder falar.
Un saúdo de Carmen Pérez, Carmen Otero e Xoán, titores de 3º de ESO e de Ana, a orientadora do Centro. Seguimos en contacto.