O profesorado do E.P.A.P.U. de Teixeiro desenvolve o proxecto Aprender no Cárcere para crear unha vía de comunicación e colaboración entre os intern@s da nosa escola e os adolescentes dos centros de secundaria da nosa Comunidade.
Mostrando entradas con la etiqueta David Buján 09-10. Mostrar todas las entradas

lunes, 15 de marzo de 2010
Valoración internos
Para min foi unha grande experiencia xa que nos deu a oportunidade de facerlle chegar aos rapaces a realidade das prisións e como é a vida nelas. Creo que despois de ternos escoitado, moitos deles plantexaríanse doutro xeito a imaxe das persoas que estamos presas.
Se o gran de area que aportei contando a miña experiencia sérvelle a unha soa persoa, para min é un orgullo ter participado.
jorge

Valoración profesorado
A visita ao IES David Buján estivo dividida en dúas charlas, a primeira en horario de mañá para 4º da ESO e a segunda, durante a tarde, para grupos de 3º da ESO.
Ía moita calor, e David e Jorge, os nosos alumnos, "súaron a camiseta" contando as súas experiencias, porén o alumnado, xunto co profesorado do Centro, creou un clima propicio á conversa, amosaron un grande interese coas súas preguntas e a intención de participar con nós neste Proxecto de cara ao curso que vén.
Ao final das charlas, David e Jorge ademais participaron, como dous alumnos máis da ESO, nun recitado de poemas de Novoneyra dentro dun traballo que está a desenvolver o IES David Buján co gallo do Día das Letras Galegas. Encantoulles escoitarse!
Só nos queda reiterarvos o noso agradecemento pola excelente acollida que nos brindastes e invitarvos a seguir en contacto con nós.
Marián e Juan Luis (profesores do EPAPU de Teixeiro)

Suscribirse a:
Entradas (Atom)