lunes, 15 de marzo de 2010

Valoración profesorado

A visita ao IES David Buján estivo dividida en dúas charlas, a primeira en horario de mañá para 4º da ESO e a segunda, durante a tarde, para grupos de 3º da ESO.

Ía moita calor, e David e Jorge, os nosos alumnos, "súaron a camiseta" contando as súas experiencias, porén o alumnado, xunto co profesorado do Centro, creou un clima propicio á conversa, amosaron un grande interese coas súas preguntas e a intención de participar con nós neste Proxecto de cara ao curso que vén.

Ao final das charlas, David e Jorge ademais participaron, como dous alumnos máis da ESO, nun recitado de poemas de Novoneyra dentro dun traballo que está a desenvolver o IES David Buján co gallo do Día das Letras Galegas. Encantoulles escoitarse!

Só nos queda reiterarvos o noso agradecemento pola excelente acollida que nos brindastes e invitarvos a seguir en contacto con nós.

Marián e Juan Luis (profesores do EPAPU de Teixeiro)

1 comentario:

  1. Está rematando o curso e estabamos debendo agradecervos a vosa visita ao noso instituto e a vosa disposición para comentar connosco ás vosas preocupacións e inquietudes. Os compañeiros e compañeiras que participamos na charla valoramos moi positivamente a experiencia e queremos salientar o interese que despertastes no noso alumnado. Elas e eles destacaron da experiencia a ocasión de facerse conscientes da existencia do cárcere a través do relato da experiencia persoal de David e Jorge. A súa simpatía e familiaridade impresionounos vivamente.
    Destaca tamén o alumnado na súa reflexión sobre a actividade o valor da escola de adultos como un elemento "liberador" e de ruptura coa vida do cárcere, pondo en valor o estudo e o traballo persoal como fonte de perfeccionamento persoal.
    Saúdos para David, Jorge, Marián e Juan Luís, seguimos en contacto. Até a próxima.

    ResponderEliminar