A saída ao IES de Curtis coincidiu cun día verdadeiramente frio. Cando comezou parecía que todo ía sair mal. Dos alumnos que ían vir á saída faltaba un xa que estaba nun xuizo en Coruña. Enterámonos disto coma sempre; tarde, mal e arrastro. Menos mal que o alumno que foi con nós, José Ramón, ten táboas e foi quen de levar el só a saída.
Foron dúas charlas no IES que se desenvolveron moi ben dentro dun ambente moi agradable. Os rapaces, coma sempre, comezaron moi tímidos pero, pouco a pouco, fóronse animando. Eu non son quen para dicir se lles gustou a charla ou non pero podo poñer como detalle moi significativo que houbo algún rapaz que recuncou da primeira á segunda charla.

No hay comentarios:
Publicar un comentario