Considero que a charla, realizada nos dous últimos periodos lectivos da mañá do Martes 20 de Abril do 2010, foi moi ben acollida por parte dos profesores e alumnos de 4º da ESO do IES Pedra Da Aguia, o que se demostrou no número de preguntas que fixeron interesandose por temas moi diversos.
Os alumnos do EPAPU de Teixeiro Jorge e Estella desenvolveronse con soltura na charla a persar da escasa experiencia de Jorge e a nula experiencia de Estella.
Eu creo que se conseguiu o obxectivo pretendido polo espirito do proxecto.
Jesús
Ben, temos que dicir que foi unha das saídas máis longas que fixemos. A estrada ía cara adiante quilómetro tras quilómetro e non daba rematado. Pasamos a autovía e nos metemos na outra autovía en dirección Carballo. Logo outra estrada. Tivemos o erro de chegar a Camariñas cando o Centro atopábase en Ponte do Porto e houbo que dar marcha atrás.
No centro todo foron amabilidades por parte de Emilio, o profe do Centro que estivera en contacto con nós. Ás 12,30 comezou a charla co grupo de 4º de ESO. Intentei facer unha introducción comentándolle aos alumnos como é e que diferencias hai na educación de adultos en relación a ESO que fan eles. Logo comentouse un pouco como era un centro penitenciario e xa pasamos á charla directa cos alumnos. Jorge xa tiña algunha experiencia noutras saídas pero para Estela foi a primeira. Teño que dicir que nos quedamos gratamente sorprendidos pola boa compenetración de Jorge e Estela que se foron apoiando para dar resposta ás preguntas que plantexaban tanto os alumnos coma os profesores do IES que tamén se sumaron á charla.
Ao final, rematamos a charla ás 14,20, un pouco de charla amable cos profes que quedaron con nós e logo xantar nun restaurante da zona. Ás 15,45 emprendimos o longo camiño de volta para Teixeiro.
José Antonio