Este luns visitamos por primeira vez o IES Punta Candieira acompañando a dous alumnos nosos de 4º da ESA, Stella e José Ramón.
As charlas , destinadas a grupos de 3º e 4º, tiveron moi boa acollida por parte do alumnado, que se amosaron moi interesados, aínda que lles custaba un chisco facer preguntas.
Para José Ramón era a primeira visita que facía dentro do Proxecto ANOCA, e tivo que pasar o "mal trago" de toda iniciación, pero axiña se sentíu moi cómodo cos rapaces que ata riron con el por momentos. Stella tamén deu a visión do cárcere desde a súa perspectiva de muller procedente doutro país.
En calquera caso, os catro estivemos encantados de compartir con vós as nosas experiencias e queremos agradecer, tanto á Orientadora como ao resto do profesorado asistente, o feito de ternos recibido tan amablemente e agardamos seguir en contacto de cara ao curso que ven.
Marián e Benito (profesores do EPAPU de Teixeiro)

No hay comentarios:
Publicar un comentario