A actividade dividiuse en dúas charlas, de hora e media cada unha, a primeira dirixida aos alumnos/as de 4º de E.S.O. e a segunda ao alumnado de 2º e 3º de E.S.O.
A valoración dos mestres acompañantes de Carlos e Ramón, alumnos do EPAPU de Teixeiro, é positiva, destacando os seguintes aspectos, ao igual que no curso pasado:
· A empatía entre os alumnos participantes e os grupos asistentes, con alta participación en ambas charlas en forma de preguntas e comentarios.
· Interese por parte do profesorado do centro visitado, cunha elevada asistencia e participación.
· Traballo de aspectos relacionados coa prevención de toxicomanías: drogas, alcohol, tabaco...
· A valoración do traballo do EPAPU de Teixeiro como elemento, xunto con outros, chave para a reinserción dos internos.
Queremos manifestar o noso agradecemento pola extraordinaria acollida, un ano máis, tanto por parte do alumnado, como polo profesorado e equipo directivo e o gran esforzo que fixeron ese día, tanto alumnos como profesores, para asistir as charlas por tratarse do último día de curso escolar para os alumnos/as de E.S.O. e a despedida dos alumnos/as de 4º de E.S.O, despois de permanecer, a maioría deles desde E. Infantil, no mesmo centro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario