Nesta ocasión o sorprendido penso que fun eu, chámome Xosé Ramón, xa levo varias charlas desde o curso pasado.
Sempre lles dou aos rapaces o punto de vista dun toxicómano, non fun quen de imaxinar outra liña na miña temática. Sempre contei o vivido, tanto nos meus anos de prisión común, como desde que estou nesta Unidade Terapéutica, levo nela dous anos e penso que todo o que aprendo ha ter algunha utilidade na vida.
Aprendín nesta ocasión, que unha persoa con familia, estudos universitarios, estranxeiro e con boas miras de futuro, ademais de poder ingresar en prisión, non consumir drogas e ter certas dificultades co idioma, pode dar unha mensaxe de ánimo importante, así mo ensinou o meu compañeiro. Teño que destacar que, sen coñecernos, tivemos unha complicidade que, con diferentes puntos de vista, reflectíu á perfección, a mensaxe que queríamos transmitir.
Xosé Ramón.

No hay comentarios:
Publicar un comentario