lunes, 15 de marzo de 2010

Valoración internos

A saída terapéutica do día 20 de abril foi unha experiencia que enriqueceu o meu coñecemento a nivel educativo e humano. Debido a que todo cando é recíproco enaltece ao ser humano e o digo desde o meu punto de vista xa que teño realizado traballos a nivel social con nenos e xoves en Argentina pero isto é completamente distinto a todo o vivido e experimentado polo motivo de que é a primeira vez que estou privada de liberdade (tamén lles digo que non é o fin do mundo). É algo que si se sabe levar pasa, como todas as cousas que transcurren na vida.
Pero volvendo ao tema principal dígolles que tiven un pouco de incertidume ao chegares ao instituto onde, o grupo que contactou con meus profesoes e un compañeiro de curso (4º da ESA), por que non é tan sinxelo. Imaxínense vostedes!, chegar ao instituto con adolescentes de ambos sexos, onde se fala galego, dicindo que somos presos e explicando a vida no cárcere e contestando a todo tipo de preguntas, pero por sorte na miña vida sempre encontrei seres humanos excepcionais e esta vez non ía ser distinta a outras situacións vividas.
Os meus profesores prepararan unhas diapositivas e logo diron unha introducción ao tea, creáronnos un ambente propicio e logo todo foi moi sinxelo para Jorge que así chámase o meu compañeiro de curso e para min. A min, no persoal, encheume de satisfacción e orgullo que confiaran e pensaran en min para tan importante iniciativa xa que son varias as saídas desenvolvidas por este equipo de profesores que moita veces sacrifican as súas horas de descanso e ocio coas súas familias para adicarse a este proxecto no cal poñen moitas esperanzas e ilusións de axudar na inserción na sociedade. Por elo dicíalles ao inicio do texto que todo o que fixen sirva para ambas partes e sexa positivo.
Agradecerlle tamén ao director do Instituto de Camariñas e persoal docente, pero especialmente aos adolescentes por que en realidade son eles os verdadeiros protagonistas xa que nos trataron con moito cariño e respeto. O intercambio foi máis que positivo. Nós deixámoslles a mensaxe de que un erro pode levarnos á cadea e eles díronnos a súa esperanza e positividade aparte de escoitarnos cunha atención que, en realidade, enchéunos de asombro sobre todo cando explicamos a vida cotiá do cárcere, cando lles dicíamos que a educación danos a vida, e os cursos que alí se dictan cos seus monitores e educadores que poñen todo o seu esforzo en que salgan as cousas ben. Especialmente cando tratamos os temas de violencia de xénero, coa paciencia infinita con que nos explican unha e outra ve ata que ao remate enténdese.
Por todo iso e moito máis, mil grazas

Estela

No hay comentarios:

Publicar un comentario