jueves, 18 de marzo de 2010

Valoración profesorado EPAPU de Teixeiro

Despois dunha intensa mañá, a tarde levounos a Brión en boa compañía. Alí si que se pode dicir que os nosos alumnos súaron a camiseta. A Andy, como bo africano, a calor estimulouno, deulle novos folgos para contar a súa historia persoal e recordou aos rapaces que "cada acto tiene sus consecuencias", que impoñer a forza non dá a razón e que os estudios son sinónimo de oportunidades. Juan, xa máis canso, falou das súas vivencias agravadas sempre polas desgracias familiares e a terrible sombra das drogas.
Non é fácil para eles, nin siquera para nós, que xa temos escoitadas estas experiencias, pero pensamos que merecen ser escoitados, sobre todo por rapaces que agora son semellantes a como eles teñen sido. Non pretenden dar leccións, pero se puideran dar paso á reflexión...
Grazas á dirección do IES de Brión, grazas ao alumnado pola súa atención. Agardamos seguir en contacto.
Marián e Chus (profesoras do EPAPU de Teixeiro)

No hay comentarios:

Publicar un comentario