Onte, por fin, chegamos a Negreira, cun sol tan caluroso como a acollida que nos brindaron no IES Xulián Magariños. Non se pode pedir máis! Cun alumnado receptivo e respectuoso que reflicte o bo facer da dirección do centro e do seu claustro de profesores.
Desde Teixeiro queremos agradecervos novamente o voso esforzo e interese, agardamos que as nosas experiencias propiciaran, cando menos, uns intres de reflexión e a posibilidade de futuras colaboracións. Andy acaba de marchar uns días de permiso e Juan aínda está a comentar entre os compañeiros a fermosa paisaxe da que puideron disfrutar no xantar e iso que eles chaman "sensación de libertad". Oíndoos, nós os profes, pensamos que o Aprender NO CÁrcere paga a pena.
Así que, grazas a Ricardo polo seu traballo, ao xefe de estudos polo seu tempo e unha aperta moi forte para ti, Begoña. Grazas por contactar con nós e por facilitar que este humilde proxecto se siga facendo posible.
Marián e Chus (profesoras do EPAPU de Teixeiro)

No hay comentarios:
Publicar un comentario