Ola a todos
Sobre a nosa visita ao IES de Guitiriz teño que dicir que quedamos encantados, tanto nós os profes coma os alumnos, coa acollida que tivemos tanto por parte do profesorado do IES, polo alumnado e quixera destacar o recibimento da miña amiga Olga, directora do IES.
En canto a charla en si, comentar que foi moi interesante e dinámica. Nela intentamos que os alumnos vira dúas visións complementarias dun centro penitenciario: por unha parte a dun alumno estranxeiro e outra dun alumno que foi toxicómano. espero que este contraste gustara aos ouvintes.
Por parte da miña compañeira Lupe teño que dicir que me comentou o que lle gustara a actividade xa que para ela era a súa primeira charla.
Pola miña parte nada, só quero dar as grazas a todos pola vosa acollida e dicir que espero volvervos a ver pronto.
un saúdo
José Antonio.
No hay comentarios:
Publicar un comentario