Ola a todos
Con un pouco de retraso debido a outros temas do traballo envío este comentario breve a miña estancia en Viana. Debo de dicir que foi a visita máis lonxana que fixen. Pero foi moi gratificante xa que non coñecía a zona de Viana. Tedes un pobo moi bonito e moi agradable.
En canto á charla en si, chegamos tras dúas horas longas de viaxe con Javier e Belmira.a (que se estrenaba) Fomos acollidos moi ben polos membros do equipo directivo do Instituto o que quero agradecerlles e logo entramos en contacto cos alumnos... Moi ben por eles,por todos eles. Estiveron no seu lugar, atentos e escoitando todo o que dicíamos. Cunha actitude moi positiva. Espero que o que contamos entre todos, vos sirva de algo no voso futuro. Só con iso xa quedaremos satisfeitos.
Logo, tras a charla, un rápido xantar no comedor e unha peguena visita ao pobo. Logo outra longa viaxe de volta a Teixeiro cargados cunha nova experiencia.
Un saúdo
José Antonio
No hay comentarios:
Publicar un comentario