Ola a todos
A miña impresión da visita ao instituto de Rianxo foi moi boa. Foi bo xa o feito de voltar a Rianxo tras moitos, moitos anos de non ir pola zoa. Foi moi bo por volver a ver ao meu amigo Rafael, o director do Instituto e foi moi bo por poder compartir unhas horas cos alumn@s do Instituto.
Chegamos a Rianxo antes do que pensaba xa que, polo que vin, as comunicacións son mellores e chégase antes do que eu pensaba. Non foi mala cousa xa que esto permitíunos dar unha volta polo pobo antes de entrar no Instituto. Logo puiden ver o centro por dentro e ver o ben cuidado que está e a orde que se respira dentro.
En canto á charla en si mesma, teño a impresión que debeu de comezar cando remataba. Vin a uns alumnos que estaban "cortados" e non se atrevían a preguntar. Logo, a medida que a charla foise desenvolvendo, comezaron a sairen as preguntas e a establecerse un diálogo cos nosos alumnos Juan e Roberto. Pero, o tempo non ten parada e rematou a charla.
Espero que este punto de contacto que significou a charla servira para algo e que algúns alumn@s do Instituto poideran tomar nota e aprenderan algo de cara ao seu futuro.
Un saúdo
José Antonio

No hay comentarios:
Publicar un comentario