O luns 21 de febreiro dous alumnos, Juan e Roberto, e dous profesores do EPAPU de Teixeiro visitamos o IES Número 1 de ordes en sesión de tarde dentro do noso proxecto ANOCA. Agradecemos o café ao que nos convidou o departamento de orientación antes de comenzar coa charla e a estupenda acollida por parte da dirección do centro así como a presentación por parte do xefe de estudos.
Esta era a primeira experiencia para este centro e esperamos que fose fructífera. O alumnado na súa maioría de cuarto da ESO parecían absortos durante as explicacións de Roberto e de Juan e mantiveron o respecto durante toda a charla de hora e media de duración.
Ao remate da charla contestamos (profesores e alumnos) a unhas preguntas que en forma de entrevista nos fixeron dous alumnos e unha alumna para o seu proxecto de El País.
A verdade e que despois de estar no Maruxa Mallo pola mañán, xa estabamos un pouquiño cansados pola tarde e esperamos que non se notara moito. Agardamos a participación do alumnado na segunda parte do proxecto!

No hay comentarios:
Publicar un comentario