O luns 21 de febreiro dous profesores do EPAPU de Teixeiro acompañados por dous alumnos, fomos por segundo curso consecutivo a dar unha charla ao IES Maruxa Mallo de Ordes en horario de mañá. A orientadora recibiunos e preparou a sala de multiusos ademais de presentarnos ao alumnado principalmente de cuarto da ESO. Foron duas charlas de hora e media cada unha. Tanto na primeira como na segunda, o profesorado explicou o labor que se fai na escola e os obxectivos do proxecto ANOCA. Os nosos alumnos Roberto e Juan falaron sobre a súa experiencia na escola, as súas vivencias nun módulo de respecto e terapéutico respectivamente e as súas experiencias vitais. O alumnado foi sumamente respetuoso e participou no debate posterior propoñendo preguntas moi interesantes que fomos contestando entre todos.
Ao igual que o curso pasado, o trato que se nos dispensou foi perfecto e debemos agradecer á dirección do centro o xantar ao que nos convidaron e en especial a Óscar que nos acompañou en todo momento e nos levou ao IES Número 1 para a charla que tiñamos programada en sesión de tarde. Un pracer visitar o Maruxa Mallo! Agardamos a vosa participación na segunda parte do proxecto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario