Mostrando entradas con la etiqueta Maruxa Mallo 10-11. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Maruxa Mallo 10-11. Mostrar todas las entradas

jueves, 17 de febrero de 2011

O luns 21 de febreiro estaremos nos dous institutos de Ordes

Juan e Roberto acompañaran a dous profesores do noso centro para ter dúas charlas pola mañá no IES Maruxa Mallo e unha pola tarde no IES nº1, ámbolos dous de Ordes.

Premendo sobre o nome de cada un dos institutos, podedes ver toda a información relativa a esas charlas.

Agradeceríamos que os posibles comentarios comezasen polo nome do instituto.

jueves, 18 de marzo de 2010

Máis preguntas

Se algo quedou no tinteiro, aquí podedes escribilo...

RESPOSTA DE JUAN ÁS PREGUNTAS DE IRIA

¡Hola a tod@s! En resposta ás preguntas de Iria, dicirche que cando saímos de permiso ou en liberdade sí que nos cambian a tarxeta por cartos en efectivo, sempre que teñas cartos na tarxeta, claro. Pero cando saímos a dar as charlas non levamos cartos. Na segunda pregunta, cando unha persoa comete un delito no seu país ten que pagar a condena nese país, non te poden mandar para outro país a cumplir a condena. O que sí poden facer é mandarte para outras prisións dese mesmo país. Na pregunta de si temos as mesmas materias que vos na ESO, non estou seguro porque eu a ESO xa a tiña e non a fixen no cárcere. O que sei seguro é que non teñen ximnasia. E por último, preguntabas si temos acceso a aprender novos idiomas no cárcere, e teño que dicirche que os únicos son inglés, galego e español para estranxeiros. A min gustaríame que tiveramos acceso á Escola de Idiomas, xa que eu fixen na rúa o primeiro ano de inglés e me gustaría poder seguir , pero por desgracia neste cárcere non é posible todavía. Bueno, espero que che aclarara as túas dúbidas. De todas formas, si tanto ti coma algún dos teus compañeiros/-as ou mestres/-as tedes máis dúbidas sobre o que sexa, non vos cortedes e mandádemas porque eu vou a estar encantado de aclararvos as dúbidas na medida do que me sexa posible. Un forte abrazo. Juan

Valoración IES Maruxa Mallo

Aquí podedes incluir os comentarios sobre o que vos aportou a charla.

Valoración internos

Llegamos a Ordes y fuimos primero a un instituto a dar dos charlas durante la mañana. Se nos acogió muy bien por parte del profesorado y de los alumnos, que fueron muy educados y respetuosos. Estuvimos en un aula pequeña con pocos alumnos, lo que me hizo más fácil expresarme y me puse menos nervioso que cuando hay mucha gente. Todos, tanto alumnos como profesores, tuvieron una participación muy alta a la hora de hacer preguntas, lo cual me resultó muy grato, ya que esa es la manera de que puedan conocer más detalles sobre la vida en prisión de los que les puedo dar yo a la hora de dar la charla, ya que se me suelen olvidar cosas por el camino y ellos se encargan de recordármelas. Al segundo instituto fuimos a dar una charla durante la tarde. Yo ya estaba un poco cansado porque comimos bastante tarde pero eso no evitó que fuera con muchas ganas. De nuevo quiero destacar la acogida por parte del profesorado y del alumnado, que fue impecable. También hubo una gran participación a la hora de hacernos preguntas y al final de la charla dos alumnos y una alumna nos hicieron una entrevista, la cual, desafortunadamente, no pudimos terminar porque teníamos que volvernos para Teixeiro. En resumen, que fue un día muy completo, y todo ello gracias a mis profesores del EPAPU de Teixeiro, ya que gracias a su voto de confianza pude salir de nuevo fuera de los muros de la prisión y volver a sentirme vivo y libre por un día.

Juan

Valoración profesorado EPAPU

O luns 21 de febreiro dous profesores do EPAPU de Teixeiro acompañados por dous alumnos, fomos por segundo curso consecutivo a dar unha charla ao IES Maruxa Mallo de Ordes en horario de mañá. A orientadora recibiunos e preparou a sala de multiusos ademais de presentarnos ao alumnado principalmente de cuarto da ESO. Foron duas charlas de hora e media cada unha. Tanto na primeira como na segunda, o profesorado explicou o labor que se fai na escola e os obxectivos do proxecto ANOCA. Os nosos alumnos Roberto e Juan falaron sobre a súa experiencia na escola, as súas vivencias nun módulo de respecto e terapéutico respectivamente e as súas experiencias vitais. O alumnado foi sumamente respetuoso e participou no debate posterior propoñendo preguntas moi interesantes que fomos contestando entre todos.

Ao igual que o curso pasado, o trato que se nos dispensou foi perfecto e debemos agradecer á dirección do centro o xantar ao que nos convidaron e en especial a Óscar que nos acompañou en todo momento e nos levou ao IES Número 1 para a charla que tiñamos programada en sesión de tarde. Un pracer visitar o Maruxa Mallo! Agardamos a vosa participación na segunda parte do proxecto.