O 24 de marzo, en sesión de mañán, dous profes da escola acompañamos aos alumnos Juan e Roberto a dar unha charla ao I.E.S. Puga Ramón de A Coruña. Recolléronos ás dez e media e fomos recibidos pola xefa do departamento de orientación que estivo atenta a todas as nosas necesidades ao longo da mañán.
A charla durou dúas horas e o alumnado de primeiro de bacharelato prescindiu do seu recreo para escoitar aos nosos alumnos. Estaba previsto un descanso que non tivo lugar por petición do alumnado do Puga Ramón. O alumnado foi sumamente respetuoso e participativo e fomos acollidos fenomenalmente tanto por eles como polos demais membros da comunidade educativa que se nos foi presentando ou que asistiron á charla.
Agradecemos ao centro o trato dispensado e o xantar ao que convidaron a Juan e a Roberto. Agardamos que participen na segunda parte do proxecto. Un saúdo e ata a próxima.

No hay comentarios:
Publicar un comentario