jueves, 18 de marzo de 2010

Valoración profesorado EPAPU


Ola a todos
Onte, Ana e eu, xunto con Juan e Belmira estivemos cos alumnos do IES Miraflores de Oleiros. Foi a nosa primeira visita este ano. Para min outra saída ANOCA. Para Ana a súa primeira experiencia. Fomos con Belmira e con Juan. Con Belmira xa compartira outra saída o curso pasado, pero para Juan foi a primeira saída.
Teño que dicir que de todos os sitios onde fun, nunca vin tanta participación dos alumnos. As preguntas foron aparecendo unha tras outra dun xeito moi fluido e, en ocasións, ata atropellado. Fomos moi ben tratados polos alumnos e profesores do Centro que se volcaron con nós. Só podo darlles as grazas a todos polo seu cariño e pola súa atención. É difícil que se vexan alumnos que esquezan ir ao recreo, pero onte vímolos.
Quédame, por fin, reiterar as miñas grazas por poder disfrutar con todos vós e desexar que o futuro traia outra oportunidade de pasar unhas horas nese centro. Un saúdo a todos e moitas grazas.

José Antonio

No hay comentarios:

Publicar un comentario