O luns 26
de novembro, Benito e Jesús, e os alumnos Fran, Modou e
Biser quedaron ao mediodía para comer coa directora da
compañía de teatro "El Ruiseñor", Susana Crespo á que lle agradecemos que nos brindase o seu tempo e a comida. Tras a comida, en
sesión de tarde, alumnado e
profesorado de primeiro de bacharelato do IES Universidade Laboral e alumnado
de "El Ruiseñor" asistiron a unha
charla ANOCA da que cremos todos saímos beneficiados. Agradecemos
a Susana, ao seu alumnado e á comunidade educativa da
Laboral a súa estupenda acollida e
disposición e animámolos a seguir colaborando connosco tanto en ANOCA como no
noso proxecto Grundtvig foodprint.eu Do mesmo xeito desexamos que
axuden a manter vivo o noso blog.
No hay comentarios:
Publicar un comentario