jueves, 18 de marzo de 2010

Valoración profesorado EPAPU

Nesta entrada aparecerá a valoración por parte do profesorado do EPAPU das actividades nas que participemos no voso centro.


Ola a todos
Coa visita do Proxecto ANOCA ao IES Antonio Fraguas damos comezo ao proxecto durante o curso escolar 2013/2014. Coma sempre, a visita resultou moi satisfactoria para nós. A atención por parte de Lola e demais profesores do Instituto foi moi boa. fixéronnos sentir como na casa. A charla da mañá no instituto penso que foi moi dinámica. Unha vez que o noso amigo e alumno José Manuel se liberou dos nervos (hai que pensar que era a primeira vez que acudía a unha das nosas visitas), a charla adquiriu fluidez. As preguntas sucedíanse e conseguiuse un diálogo áxil entre ambas partes. José Manuel aportou a súa experiencia persoal e nós intentamos apoialo en todo.
Pola tarde tivemos a mesa redonda coa Consellería de Servizos Sociais de Santiago e, teño que dicir, que unha vez superados os momentos iniciais de confusión, penso que tamén foi moi enriquecedora. Non queda máis que dar as grazas da nosa parte a todos e desexar poder compartir no futuro outro día con todos vós.

Chus e José Antonio

No hay comentarios:

Publicar un comentario