jueves, 18 de marzo de 2010

Valoración profesorado EPAPU

Ola a todos
Envio ao noso Blog este comentario no nome do profesorado (Chus e máis eu) que tivemos a sorte de poder ir ao voso centro e compartir unha actividade con vós.
Como sempre, dar as grazas aos vosos profesores pola boa acollida que tiveron con nós. Pero sobre todo darvos as grazas a vós, a todos vós que participáchedes na actividade, pola vosa comprensión, polas vosas preguntas e polo voso interés.
Disfrutamos moito respondendo ás vosas preguntas e esperamos non ter deixado nada no tinteiro. Esperamos que se algo quedou atrás poidades facérmolo chegar ben por este blog ou ben polo contacto a través de facebook ou twitter.
Non me queda máis que volver a dar as grazas e decirvos que ata pronto.

un saúdo
José Antonio

No hay comentarios:

Publicar un comentario