O mércores 12 de
marzo, José Manuel e Misael (acompañados por Carlos e Alberto, dous profesores
do EPAPU de Teixeiro) estiveron dando unha charla na Casa da Cultura de Carral. A ela acudiron alumnos e profesores do CPI Vicente Otero Valcárcel. O
recibimento foi moi cálido e o público participou activamente dende o comezo da
charla. Por momentos había pelexas por preguntar, e isto demostra o grande
interese que amosaron pola información que se transmitiu.
Hai que salientar
que unha das cousas que mais lles gustou aos rapaces foi como José Manuel, tras
unha longa loita interna, conseguiu coa axuda da xente que sempre o apoiou,
substituír a súa adicción ás drogas polo deporte, en concreto o fútbol.
A verdade é que da
gusto escoitar falar a xente como Misael e José Manuel. A reinserción é sempre
algo difícil, pero penso que eles pouco a pouco van a atopar o seu camiño. Polo
menos desexamos de todo corazón que así sexa.
Moitas grazas a
todos os que acudiron a charla. Sería un pracer volver outra vez a Carral e
seguir facendo ese traballo de prevención e información tan necesario para a
nosa sociedade e a nosa xuventude.
Pero sobre todo,
moitísimas grazas a José Manuel e Misael, por ter o valor e a boa vontade de
falar diante de ducias de persoas acerca de temas que sempre son difíciles de
afrontar, e ademais facelo dun xeito totalmente altruísta.
No hay comentarios:
Publicar un comentario