O mércores 12 de
marzo, Misael e José Manuel estiveron dando unha charla no salón de actos do IES Nº1 de Ordes acompañados por Carlos
e Alberto, dous profesores do EPAPU de Teixeiro. As catro persoas que visitamos
o centro temos que agradecer a todo o público alí presente, alumnos e docentes,
o trato recibido. Esperamos que a charla fose de proveito porque o verdadeiro
obxectivo é transmitir aos mais novos as ensinanzas de xente que cometeu erros
e que aprendeu deles. Como diría José Manuel “con tal de que estas charlas
sirvan para evitar que un rapaz ou unha rapaza se decate de que vai polo camiño
equivocado e rectifique a tempo xa me conformo”.
Non sabemos se por
timidez ou porque aínda era bastante cedo, ao principio os alumnos que
estiveron na charla tardaron en romper o xeo na rolda de preguntas, pero
afortunadamente ao final animáronse a participar activamente. Foi unha mágoa
que non puidésemos ficar mais tempo porque tiñamos outra charla concertada para
despois.
Oxalá poidamos
repetir a experiencia.
Podedes ler as impresións do alumnado que asistíu á vosa fantástica charla no noso blog
ResponderEliminarhttp://paraisoparanosordes.blogspot.com.es/
Sen dúbida non deixou a ninguén indiferente!!!