viernes, 14 de marzo de 2014

Valoración profesorado EPAPU visita IES Nº1 Ordes

O mércores 12 de marzo, Misael e José Manuel estiveron dando unha charla no salón de actos do IES Nº1 de Ordes acompañados por Carlos e Alberto, dous profesores do EPAPU de Teixeiro. As catro persoas que visitamos o centro temos que agradecer a todo o público alí presente, alumnos e docentes, o trato recibido. Esperamos que a charla fose de proveito porque o verdadeiro obxectivo é transmitir aos mais novos as ensinanzas de xente que cometeu erros e que aprendeu deles. Como diría José Manuel “con tal de que estas charlas sirvan para evitar que un rapaz ou unha rapaza se decate de que vai polo camiño equivocado e rectifique a tempo xa me conformo”.
Non sabemos se por timidez ou porque aínda era bastante cedo, ao principio os alumnos que estiveron na charla tardaron en romper o xeo na rolda de preguntas, pero afortunadamente ao final animáronse a participar activamente. Foi unha mágoa que non puidésemos ficar mais tempo porque tiñamos outra charla concertada para despois.

Oxalá poidamos repetir a experiencia.

1 comentario:

  1. Podedes ler as impresións do alumnado que asistíu á vosa fantástica charla no noso blog
    http://paraisoparanosordes.blogspot.com.es/
    Sen dúbida non deixou a ninguén indiferente!!!

    ResponderEliminar