jueves, 18 de marzo de 2010

Valoración profesorado EPAPU

Ola a todos
Son José Antonio, un dos profesores que participou na saída do proxecto ANOCA. Para min foi unha saída moi interesante. Góstame moito ver ás actitudes dos rapaces ante os nosos alumnos. Sempre penso que todos temos unha visión sesgada da vida debida ao cine. Sempre pensamos que o mundo é de bos e malos, blanco e negro. Os bos sempre o fan todo ben e os malos ata teñen cara de malos. Pero a vida non che é así realmente. Todos podemos ser bos e malos segundo as nosas circustancias. A convivencia dos alumnos do instituto coa nosa realidade, penso, pode romper estes estereotipos e axudar aos rapaces a ver mellor a realidade da vida.
Para min, coma sempre, unha experiencia positiva que espero que servira para alumnos e profesores do Instituto.
Quédovos moi agradecido a todos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario