Ola a todos.
Ante todo moitas grazas pola miña parte por deixarme convivir un día co voso centro. O primeiro que teño que decir é que gosto moito da vosa zoa. Xa facía moito tempo que non ía por Monfero e teño que decir que sempre quedo abraiado coa vosa paisaxe. Tampouco coñecía o voso colexio e encantoume, polo colexio en si mesmo e polo entorno que o rodea.
Fomos moi ben recibidos polos profes e logo tiven o pracer de asistir a dúas charlas que foron moi satisfactorias. Especialmente vinme sorprendido pola primeira xa que os alumnos participantes eran os máis pequenos pero tiveron unha actitude e unha resposta digna dos grupos de alumnos máis maiores.
Grazas a todos vós por todo e ata outra.
No hay comentarios:
Publicar un comentario