viernes, 15 de mayo de 2015

Valoración profesorado EPAPU da visita ao IES Isidro Parga Pondal de Carballo

O 5 de maio  tivo lugar no IES Parga Pondal unhas charlas que se encadran dentro do proxecto  ANOCA. O comezo inaugurouse con un vídeo informativo a cerca da prisión de referencia ademais de información do espazo sociocultural do centro penitenciario, incluía testemuñas doutros alumnos e outros aspectos de interese, que tiñan como obxectivo fomentar o sentimento de realidade e a prevención nunha problemática que asoballa o noso día a día: a drogodependencia e o narcotráfico.
Posteriormente a este visionado, os alumnos  Pablo e Alberto comezaron con unha exposición sobre as súas vivenzas en relación a esta temática: os comezos, curso e evolución, ingreso en prisión, etc, mostrándose en todo momento cautos pero ao mesmo tempo con realismo, xa que os destinatarios aos que ían dirixidas as súas verbas eran mozos de 2º de ESO. De seguido a estas confesións, tivo lugar unha rolda de preguntas acerca do exposto, na cal tivo gran relevancia a participación da orientadora, xa que motivou e animou ao alumnado a que preguntasen todas aquelas dúbidas que puidesen presentar. 
No tocante a actitude dos mozos, dicir que as intervencións sempre tiveron lugar dende o respeto aos nosos alumnos, intentando non invadir a intimidade dos mesmos. 
Como opinión a  nivel persoal, considero que este proxecto didáctico e fundamentalmente preventivo, posúe diversos beneficios, xa que este considero que este contacto directo, dotado do máximo realismo que se pode albergar, pode concienciar da maior forma posible ás futuras xeracións. Dito noutras palabras, observar as consecuencias que se deslumbran destas actividades son unha fonte que permite construír esa barreira que impida a imitación de ditos actos. Por outra banda, non só os espectadores do programa participarán destes beneficios, senón que os nosos alumnos e demais profesionais intervintes poderán tomar maior conciencia deste problema e desta forma e paseniñamente, achegarnos conxuntamente á meta da reinserción.
Por último, cómpre mostrar o noso agradecemento ao centro por acollernos, especialmente á orientadora, desexando que os nosos alumnos a medio/longo prazo foran unha fonte de axuda para o cumprimento dos obxectivos que persegue o proxecto ANOCA

No hay comentarios:

Publicar un comentario