viernes, 29 de mayo de 2015

Valoración profesorado EPAPU da visita ao CPI Vicente Otero Valcárcel

Ola a todos

A visita ao CPI Vicente Otero Valcárcel que realizamos onte foi, coma sempre, interesante. Pese aos problemas de organización que nos obrigou a improvisar a orde das intervencións, pensamos que o resultado final foi moi satisfactorio. Sempre que se consegue unha comunicación directa, improvisada e fluida entre os nosos alumn@s e os alumn@s do centro, cremos que está cumprido o obxectivo. Manifestar que a satisfacción foi mutua e a experiencia moi proveitosa para alumnos e profesores..
Grazas a todos pola vosa colaboración e por poder disfrutar con vós dun tempo que esperamos que fóra enriquecedor para todos


José Luis e José antonio

1 comentario:

  1. Bo día:

    En primeiro lugar, pedirvos diculpas polos temas organizativos de primeira hora, e ainda que ao final se resolveron, non son de agrado para nadie. Polo contrario a vosa intervención, coma en anos anteriores, foi exemplar e de gran axuda para o noso alumnado, que espera impaciente cada curso a vosa visita. Agradecémosvos moito a voso labor como docentes e aos vosos alumnos que coas súas experiencias de primeirísima man serven de moita axuda aos nosos adolescentes tan vulnerables ante a sociedade actual.

    Animámosvos encarecidamente a que sigades traballando desta maneira. E desexámoslles un fermoso futuro aos vosos alumnos.

    Un saúdo,

    O Equipo Directivo do CPI Vicente Otero Valcárcel

    ResponderEliminar