jueves, 4 de junio de 2015

Valoración profesorado EPAPU da visita ao IES Ramón Cabanillas de Cambados

A visita ao IES Ramón Cabanillas de Cambados foi unha excepción das nosas actividades no sentido que éstas, normalmente, realízanse na provincia da Coruña. Pero foi unha visita moi interesante e bonita. Saímos con rapidez do Módulo de Ingresos cos papeis en regla e partimos cara a Cambados. Chegamos sen contratempos e rápido pasamos a realizar a primeira charla con alumnos de 3º ESO e 1º BAC. A charla desenvolveuse con normalidade (acompañada polos armonioso son do taladro). Os alumnos mantiveron unha actitude respetuosa e notamos que a charla debería ter comezado ao seu remate xa que, a primeira parte, os alumnos estiveron cortados sen atreverse a preguntar.
Na 2º charla, os alumos estiveron máis participativos e tivemos unha agradable charla distendida logo do remate da actividade con alumnos participantes que tiñan preguntas que realizar. Quédanos dar as grazas ao profesorado do IES, en especial a Isabel pola súa atención.
Moitas grazas a todos e ata outra.
Carme e José Antonio

No hay comentarios:

Publicar un comentario