lunes, 15 de marzo de 2010

Valoración profesorado

Os nosos alumnos Jorge e David acompañáronos a Emma e a min ao I.E.S. Maruxa Mallo de Ordes a falar cos rapaces e rapazas de E.S.O. Para David era a primeira charla e ademais a primeira vez que saía á rúa tras o seu ingreso en Teixeiro. A primeira charla tivo os seus atrancos pero ao iren collendo confianza, as dúas seguintes foron a mellor. Os nosos alumnos non son expertos nisto das charlas pero ao cabo dunha hora xa empezan a parecer verdadeiros profesionais. David e Jorge fixeron fincapé nos erros que cometeran con total sinceridade e isto parece que lle chegou alto e claro aos rapaces que escoitaban atentamente. O recibimento por parte de Óscar e Betina foi estupendo. E debemos agradecer ao centro que nos invitaran a comer e especialmente a Óscar por acompañarnos durante todo o día.

No hay comentarios:

Publicar un comentario