lunes, 15 de marzo de 2010

Valoración profesorado

A miña compañeira Teresa e máis eu volvemos ao I.E.S. de Melide coa intención de que a experiencia deste ano fora igual de satisfactoria que o ano anterior, e pola nosa parte así foi. Coma sempre, o recibimento no centro foi estupendo. Youceff e Xosé Ramón parecían encantados de falar das súas experiencias cos rapaces e rapazas de Melide. Despois das charlas participaron durante un anaco na radio da escola Falamelide. O centro entregou uns agasallos aos nosos alumnos e Xan preparounos un xantar excelente. Imos encantados a Melide e esperamos que se animen a participar na segunda parte dun proxecto que parece ter moi boa acollida por todos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario