Nun día soleado (aínda que foi en novembro) chegamos Xesús e máis eu cos dous alumnos do E.P.A.P.U de Teixeiro ao I.E.S. de Viós para continuar co proxecto ANOCA que se comezara o ano anterior. Xosé Ramón era veterano pero para Daniel era a súa primeira vez e enfrentarse a un grupo de alumnos e alumnas de E.S.O. non é para nada doado. O recibimento foi estupendo e as charlas foron in crescendo. Os rapaces, tímidos nun principio, foron facendo algunha pregunta e miraban con ollos abertos aos nosos alumnos ao tempo que mantiñan un total respeto. Creo que a experiencia foi boa en tódolos sentidos e que unha vez máis se cumpriron os obxectivos…pero eso o terá que confirmar o alumnado e o profesorado de Viós.
No hay comentarios:
Publicar un comentario