Este luns visitamos Cee, o treito percorrido foi longo e a falta de tempo non nos deixou coñecer a vila como nos gustaría, pero estivemos no que pensamos que debe ser un dos seus edificios máis bonitos, de seguro, o IES Fernando Blanco.
Desde aquí queremos agradecer a excelente acollida que se nos brindou, tanto por parte do profesorado como do alumnado do Centro. Os nosos alumnos, César e Roberto, mesmo quedaron con gañas de máis, xa que atoparon uns rapaces moi receptivos e moi animados á hora de facer preguntas e isto para eles é especialmente gratificante.
Confíamos en manter este novo vínculo entre centros e agradecemos enormemente poder compartir as nosas experiencias con vós. Cremos neste proxecto e agardamos que, cando menos, dea paso a algunhas reflexións.
Marián e Juan Luis (profesores do EPAPU de Teixeiro)

Agradecementos en nome do Departamento de Tecnoloxía. Grazas por achegarnos a ese mundo tan descoñecido.
ResponderEliminarNon estiven na charla pero nas clases da tarde os alumnos de PCPI e 4º de ESO fixéronme un resumo moi completo e estaban encantados. Ánimo para seguir traballando neste proxecto.
ResponderEliminarDende a EPA (educación de persoas adultas) tamén quero dar as grazas ás persoas que viñeron, tanto a César e Roberto coma ao profesorado que os acompañou. O xeito de nos achegar a súa realidade foi un exemplo moi bo para o nós (o meu alumnado e mais eu). Ánimo para continuar co proxecto, dende o meu punto de vista paga a pena. E máis grazas.
ResponderEliminarMoitas gracias por facer posible este proxecto para que persoas coma César e Roberto nos fagan ver (e sobre todo ós rapaces) a outra cara da vida para aprender unha lección moi valiosa: a importancia de valorar cada momento que vivimos e compartimos coa nosa xente, o que significa realmente "ser libre" .
ResponderEliminarEstas actividades son as que en verdade quedan dentro de nós e non se esquecen xamáis.
Parecíome maravillosa a mensaxe que César e Roberto lle deixaron ós rapaces: o valor da familia, a importancia de "ser libre" a todos os niveis (de pensamento, de acción...).
Moitísimas gracias a eles e ós seus profesores e a Anoca en xeral.
Susana (orientadora)