jueves, 18 de marzo de 2010

Valoración profesorado que foi ao Feal

Ola son José Antonio
Antes que nada teño que dicir que foi para min un placer compartir unha mañá cos alumnos e profes do CPI o Feal. Desde aquí quixera dar as grazas a Pedro, o director do CPI, pola súa acollida. Tamén quixera lembrar a Alfonso, xefe de estudos de primaria do centro e antigo colega meu co que sinto non ter podido falar. Alfonso foi un compañeiro do que gardo moi bos recordos e unha persoa a que vale a pena coñecer.
A charla seguiu as pautas normais. Intentei facer un pequeno comentario como punto de inicio para poñer aos participantes en antecedentes do que era o noso mundo. Pero o máis interesante foi cando os nosos alumnos comezaron a falar e foi saindo, pouco a pouco, a súa historia. Os alumnos do CPI estiveron moi atentos. Penso, que si tivéramos un pouco máis de tempo terían perdido esa timidez inicial e farían moitas preguntas que, seguramente, rondaban a súa cabeza. Pero teño que dicir que desde onde eu estaba parecía que non perdían palabra do que se dicía na sala.
En fin, quixera rematar dando as grazas a todos e insistir en que estiven encantado como profe en participar e poder compartir unha mañá con todos vós


josé antonio

No hay comentarios:

Publicar un comentario