IES Cabo Ortegal, 21 de decembro.
Jorge e Bienvenido son os dous alumnos aos que acompañamos a dar unha charla ao instituto de Cariño, foron dúas sesións en horario de tarde, unha adicada a alumnado de 3º da ESO e a outra a 1º de Bacharelato.
A charla transcorreu con normalidade, os profesores tratamos de intervir o menos posible para deixar que os nosos alumnos tiveran máis tempo para expresarse e respostar ás preguntas dos alumnos e alumnas do Centro.
Axiña empatizaron entre eles e a comunicación fluíu de xeito moi natural coma se de unha conversa entre amigos se tratase, sobre todo na primeira sesión, na que os rapaces e rapazas amosáronse moi interesados polo funcionamento da escola no cárcere e polo día a día dos internos.
Era a segunda visita que facíamos a este Centro e a súa acollida, unha vez máis, foi excelente. Agardamos a súa colaboración na continuidade do Proxecto e esperamos ter novas súas axiña.
Marián e Juan Luís (profesores do EPAPU de Teixeiro)

No hay comentarios:
Publicar un comentario